» Solucionando o erro 'network error in weather' do applet Weather do dock AWN
A verdade é que estou moi contento co dock Avant Window Navigator (AWN), a súa usabilidade e os seus applets, mais dun tempo para aquí o applet do tempo non furrulaba e daba un erro de conexión (cando a rede funcionaba sen problema).
Semella que o problema está no sitio onde recolles os datos, Weather.com, e un cambio de enderezos que fixeron.
Para arranxalo só hai que modificar dúas liñas no arquivo /usr/share/avant-window-navigator/applets/weather/weather.py
Abrimos o arquivo con gedit ou calquera outro editor de texto similar: sudo gedit /usr/share/avant-window-navigator/applets/weather/weather.py
Cambiamos as liñas:
Liña 653:
Code:
map_url = "http://www.weather.com/outlook/travel/businesstraveler/map/%s" % location_code
cambiar por:
Code:
map_url = "http://www.weather.com/weather/map/%s" % location_code
Line 655:
Code:
mapExp = """<IMG NAME="mapImg" SRC="([^\"]+)" WIDTH=([0-9]+) HEIGHT=([0-9]+) BORDER"""
cambiar por:
Code:
mapExp = """<img name="mapImg" src="([^\"]+)" width="([0-9]+)" height="([0-9]+)" border"""
(vía: Reformed Musings)