Inda que o meu portátil inda non se enterou o programa de dercargas p2p torrent Azureus chámase agora Vuze.
Xa que funciona de marabilla no portátil decidín substituir o Transmission do PC a ver que tal tira a rá azul.
O problema é que despois de instalalo sen problema ningún facía clic na icona e non pasaba nada, nin daba erro nin arrancaba. Nada.
A solución é tan sinxela como difícil de imaxinar o problema: instalar Java no menú Engadir/Eliminar.
Ubuntu Forums e Google, de novo os meus salvadores.