Ía sendo hora actualizar o portátil (un Dell Inspiron Mini 12), inda que ben podía ter agardado algo máis de dúas semanas para o novo Ubuntu, máis ese é outro tema…
O meu portátil non ten lector de CD/DVD (esa tecnoloxía obsoleta) e por iso hai que facelo dende un USB.
A cousa é máis sinxela do que parece.
1. Descarga a imaxe .ISO da distribución que queiras.
2. Conecta un USB de polo menos 1 Gb. de espazo libre.
3. Instala o USB-creator: sudo apt-get install usb-creator
4. Inicia o USB-creator: usb-creator
5. Se todo vai ben o propio programa detecta a imaxe e o usb onde o queremos meter, seno basta con indicarllo e darlle a OK
6. Unha vez rematado o usb, poñémolo no portátil, reiniciamos, imos á BIOS, eleximos arrancar dende o usb e listo, a instalar o SO coma sempre.